Noticias y Eventos
Educación emocional en tiempos de crisis global |
Enlace a la noticia GaliciaPress Diputación de Lugo O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, situou hoxe a educación emocional como unha necesidade que precisa da implicación de toda a sociedade, coas familias en primeiro plano, e de evidencias científicas. Fíxoo no Vicerreitorado do Campus de Lugo, onde participou na presentación do monográfico Educación emocional en tempos de crise global, publicado na revista Relieve co impulso da Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica.
O conselleiro agradeceu a implicación dos investigadores neste asunto a través desta publicación, que permite reflexionar e ofrecer solucións innovadoras para mellorar o sistema educativo e para atender situacións que poidan afectar á convivencia nas aulas.
No acto, participaron tamén o vicerreitor de Organización Académica, Francisco Fraga; o presidente da Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica, Jésus Miguel Muñoz, e a profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela, María Dolores Fernández, coordinadora do monográfico xunto a Raquel-Amaya Martínez, catedrática da Universidade de Oviedo.
|